10.4.12

Carta aos socios

Estimados socios,
Como sabedes, durante a celebración da Feira de Boloña, Gálix presentou o catálogo da produción de LIX do ano 2011 en Galicia. Será un pracer para nós entregarvos persoalmente un exemplar se pasades por Compostela polas nosas oficinas. Dende logo que o ideal sería podervos enviar a todos e a todas un exemplar directamente vía postal, pero as reducións orzamentarias e a situación xeral de crise económica, que as institucións culturais padecen especialmente coa diminución das axudas, fan imposible que asumamos ese gasto.
Recibide un saúdo do Consello Directivo de Gálix.