Demo Editorial presenta as súas próximas novidades, dúas novas coleccións respectivamente dentro da súa liña editorial, apostando por autores galegos. Con estes títulos incorporan catro novos autores ao seu catálogo con dúas obras que pretenden rechear novos espazos temáticos da novela gráfica en lingua galega.
A primeiros de abril, editarán SALPOCK, dos autores Álvaro López e Luís Sendón. Con este álbum que resultou finalista do Premio Castelao 2010 da Deputación da Coruña, Demo Editorial inicia unha nova colección en torno a un xénero de culto, a ciencia-ficción.
Para o mes das letras galegas reservan un lanzamento moi especial. Chegará o momento para os autores Iván Suárez e Inacio Vilariño. Baixo o título “CASTELAO: O POBRE TOLO”, preséntannos a primera entrega dunha serie de varios títulos nos que abordarán diferentes aspectos biográficos sobre a figura máis emblemática da historia da cultura galega, o polifacético e emblemático Castelao.

No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada