Londres, unha cidade multicultural, foi a inspiración para o tema do 33 Congreso de IBBY: Cruzando fronteiras: Traduccións e migracións. O evento terá lugar na capital de Gran Bretaña, do 23 ó 26 de agosto de 2012. Dentro desta cidade tan vibrante, comunidades de Asia, Europa Oriental, África, Oriente Medido, China, Grecia e América Latina teñen o seu lar. Así acontece en cidades e países de todo o mundo: poboacións e culturan migran e se reasentan, e con eles van as súas historias. As vellas historias tradicionais que se transmiten de xeración en xeración e as novas historias que nacen das súas viaxes.
No congreso de 2012, explorarase como os libros e contos para rapaces e rapazas poden cruzar fronteiras e migrar a través de distintos países e culturas. No congreso, analizaranse cuestións como a globalización, os textos en dos idiomas, o intercambio cultural e a arte da traducción.
Dentro do apartado de sesións paralelas, o ilustrador Xosé Tomás, en representación de GÁLIX, exporá a comunicación Translating illustration: Galician literature through
images.
O programa do 33 Congreso Internacional IBBY Londres 2012, Aquí.

No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada