28.2.12

Novidades Editoriais: Xerais


CATRO AMIGOS PILLABÁNS

A Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato gustaríalles vivir aventuras como as dos personaxes das películas que ven no cine. E un día o seu desexo faise realidade. Grazas á aparición dun bastón máxico, iniciarán unha emocionante viaxe que os levará a cruzar o océano e chegar ata Australia, onde terán que atopar o xeito de regresar ás súas casas.

Xa está nas librarías a nova obra de Ramón Caride e Manuel Uhía, Catro amigos pillabáns. Especialmente recomendada para rapaces e rapazas de 9 a 11 anos, que gozan de viaxes emocionantes e aventuras compartidas entre pandillas.