18.2.12

Novidades Editoriais: Xerais


VALENTÍN PAZ ANDRADE: biografía e antoloxía.

Unha biografía e unha antoloxía de Valentín Paz Andrade para lectores e lectoras de todas as idades. Un libro de divulgación imprescindible para coñecer a figura das letras galegas de 2012.

Este libro relata de forma amena e detallada a vida de Valentín Paz Andrade. As súas actividades como avogado, empresario, especialista en temas pesqueiros, político, poeta ou xornalista, son presentadas por medio de documentos, fotografías e unha completa cronoloxía. Unha aventura biográfica apaixonante dun home clave na historia do século XX, que concebiu Galicia como a súa tarefa. Completa o volume unha antoloxía de poemas e artigos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
Lectura recomendada de 12 a 14 anos.