30.11.11

PRESENTACIÓN DE EL CASCANUECES














Mañá, xoves 1 de decembro, ás 20:30 na libraría Cascanueces, terá lugar a presentación de El Cascanueces, o conto clásido de E.T.A. Hoffmann adaptado pola autora María Canosa e ilustrado por David Pintor.

Promete ser unha fermosa velada!

29.11.11

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ: VII PREMIO IBEROAMERICANO SM




Unha delegación de editores e escritores galegos atópase na cidade mexicana de Guadalajara participando na Feira Internacional do Libro. Entre eles está Agustín Fernández Paz, que hoxe recibiu o merecido Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.
Tamén viaxaron ata Guadalajara Rosa Aneiros e Marcos Calveiro, que participan en varias actividades.
Agustín vai ser entrevistado por Rosa Aneiros nun encontro denominado "O pracer da lectura". Ambos, xunto con Calveiro, participarán tamén mesa redonda ‘Voces de Galicia'.
Aneiros y Calveiro manterán encontros con integrantes de clubes de lectura e con estudantes de distintas idades. O acto principal será o xoves, cando falarán cun grupo de cativos indíxenas da Serra de Durango. Son tepehuanos do norte, unha das máis de 60 etnias existentes en México que, según destacou Rosa Aneiros, «reciben unha educación bilingüe» tanto en español como na lingua autóctona.
No expositor colectivo da Asociación Galega de Editores (Age) e a Xunta, representado polo presidente do gremio, Manuel Bragado, e polo director xeral do Libro, Francisco López Rodríguez, exponse unha selección do catálogo integrada por máis de vinte editoriais.

25.11.11

DÍA DAS LIBRARÍAS



Hoxe é o Día das Librarías.
Por primeira vez, celébrase esta data que conmemora ese papel tan importante de dinamización cultural que levan a cabo os libreiros e libreiras galegas. De feito, esta celebración trata de reivindicar o papel de estos espazos como mediadores culturais, nun momento especialmente complexo.
Hoxe, as librarías abrirán ata as 22:00h. e aplicarán ata un 5% de desconto nos seus libros. Ademais, cerca de trinta establecementos organizan diferentes actividades culturais.

É un bo día para apoiar a causa destes locais que resisten, pese a todo, e promoven a cultura de noso con vocación militante.

23.11.11

UN MISTERIO NA MOCHILA DE ALBA, DE FINA CASALDERREY

Presentación do libro “Un misterio na mochila de Alba”, de Fina Casalderrey e ilustrado por Xosé Cobas.
Un misterio na mochila de Alba está editado por Oxford dentro da súa colección A Árbore da Lectura
Este libro de Fina Casalderrey, que viu a luz no ano 2005, edítase agora con novas ilustracións a cargo de Xosé Cobas, en formato de tapa dura e con textos revisados pola autora.
Charlas sobre literatura infantil e ilustración arredor do libro en :

VIGO - MÉRCORES 23 DE NOVEMBRO
Hora 18.30. Verbum - Casa Das Palabras. Avenida de Samil, 17
36212 Vigo - 986 240 130
http://www.verbum.vigo.org/es/

SANTIAGO - XOVES 24 DE NOVEMBRO
Hora 18.30. Biblioteca Nova Caixa Galicia. R/ Frei Rosendo Salvado, 14-16
15701 Santiago de Compostela - 981 593 467
bibliofundacion@caixagalicia.es

22.11.11

A TARTARUGA DE MARTIÑO, DE MARÍA CANOSA: NOVIDADE EVEREST



Título: A tartaruga de Martiño
Escritora: María Canosa
Ilustradora: María Lires
Editorial: Everest Galicia
Colección: Ler é vivir
Martiño é un neno que vive feliz no mundo fantástico que creou na súa casa, ateigado de bonecos e xogos cos que botar a voar a imaxinación. Séntese protexido no seu cuarto pero, polas noites, aínda quere durmir no dos pais. Helena e Tomás, os bonecos preferidos, son tamén os mellores compañeiros de viaxes nas andainas dos seus xogos. A Martiño non lle chegan as horas do día para vivir aventuras, por iso terá que aprender a usar tamén parte da noite.
Prensa:
María Canosa publica «A tartaruga de Martiño»
Aínda que o libro edítase catalogado «para maiores de tres anos», a escritora apunta que está destinado «a todos os prelectores, desde os cero anos»
L. P. redacción / la voz 19/11/2011
A escritora e colaboradora de La Voz María Canosa vén de publicar un novo libro: A tartaruga de Martiño (Everest Galicia). Aínda que o libro edítase catalogado «para maiores de tres anos», Canosa apunta que está destinado «a todos os prelectores, desde os cero anos». «É para que se lles lea aos cativos. Ademais ten o seu sentido didáctico, porque axuda a que os nenos aprendan a durmir sós no seu cuarto». Os protagonistas son Martiño, un pequerrecho que vive no mundo dos seus soños, e unha tartaruga que se chama Helena.
Canosa reivindica así o peso da literatura infantil e xuvenil nas letras galegas: «É o campo no que mellor estamos. Eu creo que debemos moito ao labor continuado dos docentes, que nas escolas foron fomentando o hábito da lectura con diferentes actividades».
É hora, por tanto, de perder algúns prexuízos que aínda flotan arredor deste xénero. «Comezamos agora a perder eses prexuízos, pero aínda queda moito por facer nese terreo, porque a min pregúntanme con certa frecuencia cando vou facer un libro de adultos, como se isto non fose literatura de verdade», engade María Canosa.

21.11.11

PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO LIBRO DE ANTONIO REIGOSA



LUNS, 21 de novembro, 20:00 horas
A GALERÍA SARGADELOS DE LUGO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA comprácense en convidalo/a á presentación do libro:

TRECE NOITES, TRECE LÚAS
Libro das marabillas do Nadal
de Antonio Reigosa e Ilustrado por Noemí López

O acto, que contará coa participación de Antonio Reigosa, Noemí López e Manuel Bragado,terá lugar hoxe ás 20:00 horas na Galería Sargadelos, Praza de Santo Domingo, 4 de Lugo.
Unha viaxe polo tempo mítico que vai desde o 25 de decembro ata o 6 de xaneiro.
Síganos, se lle prace, nesta viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mítico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, día do seu bautismo, outra forma de nacemento. Entremedias practicamos ritos, reunímonos para festexar, cantar, bailar e comer, tentamos a sorte, repoñemos enerxía e bos propósitos, e seguimos, ou cremos seguir fielmente tradicións que ao mellor non son tan «tradicionais» como cremos…
No gran teatro das festas que se van sucedendo polo ano adiante, a escena que representamos colectivamente nos días de Nadal constitúe o clímax, a esencia e o resume de todas elas pois sendo, como é, un final, reverdece en cada un de nós unha ilusión e unha esperanza polo que se anuncia que vai comezar.

18.11.11

SEMBLANZA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: POR PAZ RAÑA LAMA





Velaquí as fermosas palabras que Paz Raña Lama dedica a Antonio García Teijeiro, un poeta entregado en corpo e alma á literatura infantil e xuvenil, e que hoxe ten a amabilidade de compartir con nós.


Para Susi, Noa, Antón e Erin.

"A amizade é o máis necesario para a vida"
Aristóteles. Ética Nicomáquea

Procedo dun país onde o murmurio da soidade converte os panos en versos combustibles, onde as fracturas da existencia, a irremediable busca do outro, avivan o alento do desexo, a tensión convertida en vizosa cómplice que proporciona unha esencia de dignidade á mirada común, frontera sen aduanas.

Antonio, cidadán principal dese país de latexos, presta, xeneroso, o seu fluir incesante de palabras envoltas en maxia, en luz, en sortilexio, que axudan a aliviar os sucesivos agoras que abruman.

Teñen os seus libros un brillo fascinante, con alborozadas melodías, retrousos feiticeiros, magnéticos poemas, todos eles anegados de esperanza, de alegría… de vida. Mergullarse neles é un exercicio de lirismo gozoso. Un degoro de crisol na vitrina.

E penso eu que un seu verso posto ao día ten non só ríos de ardente frescura, senón tamén mares de asombros incandescentes.

A nosa amizade “vén de tan lonxe como as horas do reloxe”, abraiándome sempre a súa paixón por entender e a súa felicidade producida polo saber. Si, sempre lendo, conversando, escribindo, oindo música, amando… dando forma a ese algo do que podo presumir orgullosa, ser espectadora activa da lealdade dun home cuxa pegada dactilar ten a limpeza da choiva.

Porque meu amigo posúe, entre outras miles, a difícil cualidade de ser transparente como a nota de música que revolotea feliz. Unha xanela que non pecha nunca.

PAZ RAÑA LAMA

17.11.11

GÁLIX NO CULTURGAL



Os vindeiros 2,3 e 4 de decembro terá lugar o Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia. Serán tres días de intensa actividade onde Gálix estará presente co seu propio stand, compartindo espazo con entidades como a Asociación Galega de Editores, Edicións Positivas, Editorial Galaxia...



Está na intención de Gálix amosar nunha feira tan importante coma esta a nosa actividade e o noso traballo a prol da LIX.



Distribuída por espazos como o recibidor, o cuarto dos nenos, o salón, ou o patio, "a gran casa da cultura galega, como todas as casas, está dividida en cuartos. E en cada un destes recunchos sucederán unha chea de cousas marabillosas."



O programa do Culturgal é ben amplio e cheo de interesantes contidos. Podes acceder a el desde aquí.

15.11.11

BRAIS, DE GUILLERME COEN: NOVIDADE EDITORIAL TOXOSOUTOS

Presentación: Martes 15 de novembro, 19:45h
Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela)
Interveñen:
Guillerme Coen
Euloxio R. Ruibal
David G.Couso
------------------------------------------------------
Unha novela sublime, equilibrada, sedutora, que ofrece acubillo as máis retortas paixóns da alma humana nunha época tan difícil para a mocidade galega como para o resto do mundo.

Guillerme Coen é un escritor coa forza extraordinaria dos mestres narradores. Tratou cunha admirable consistencia o gran tema da xuventude actual: á busca da propia identidade. Unha novela admirable e ateigada de maxia dende a primeira ata a derradeira páxina.
Personaxes ben construídos, situacións ao límite, a prosa de Guillerme Coen baixo o dominio total da fala popular. Unha obra mestra. Este personaxe de Brais reflicte o mundo actual deses milleiros de mozos galegos, que son testemuñas da destrución do seu hábitat sen lle poñer freo. Unha prosa fluída e unha trama perfectamente construída. Recomendable ao 100 %. Un magnífico escenario, secretas paixóns, unha novela completa e intelixente que deixa no padal un degusto acedo cara a mocidade galega... como a color exacta dos tempos que estamos a vivir.
Despois de A calor dun niño, unha obra máxica e de gran repercusión social, Guillerme Coen presenta este relato vibrante, cuns personaxes ben construídos que andan á procura de respostas durante toda a trama, e deambulan senlleiros pola cidade vella de Santiago de Compostela ata que atopan explicación na vila d’ A Pobra do Caramiñal. O protagonista Brais, que da título ao libro, é un estudante de Filosofía e Letras da USC, orfo de pai e sen medios, que está a recuperar a súa xuventude roubada a través das máis variadas experiencias, tanto activas como pasivas, entre as variadas tribos sociais coas que se atopa. Namórase de Alexia, unha antiga veciña e compañeira de clases, pero isto non fai máis que complicarlle a situación porque a moza agocha un segredo familiar que lle afecta de cheo. Ambos loitaran ata acadar a verdade do acontecido na desaparición do pai de Brais, mentres transforman os seus sentimentos a través do coñecemento e as situacións dunhas vidas que están a transformalos nuns verdadeiros adultos cos seus problemas, angueiras, pesadelos...
Brais amosa unha lúcida visión da mocidade galega, agresiva e de lectura compulsiva que constrúe un perfecto retrato da supervivencia humana. Guillerme Coen emprega unha escrita soberbia e investida dun vocabulario ben marcado na nosa fala.
“Personaxes perfectamente combinados, situacións ao límite, brillante estrutura narrativa, a prosa fluída de Guillerme Coen baixo o dominio total da nosa fala. Unha obra mestra”
Manuel Gil (El Correo Gallego)
“Unha espléndida novela de iniciación, onde os escenarios e as emocións marcan un ritmo elocuente para os auténticos protagonistas do libro: o vocabulario e a fala popular. Unha obra impecable, tanto na solvencia do argumento como no desenlace final”
Euloxio R. Ruibal (escritor e académico)

13.11.11

FALECE JOAN AGUT I RICO



Joan Agut i Rico, presidente do CliJCAT entre os anos 1991 e 1993, faleceu o pasado 6 de novembro.
Joan colleu o timón do Consello Catalán do Libro Infantil e Xuvenil no 1991, dotándoo dun novo impulso. Tamén foi presidente da OEPLI nos anos 1992 e 1993 e organizou o Congreso Internacional do IBBY que se celebrou por vez primeira en España no 1994.
Ademais, foi editor, crítico literario e escritor en lingua catalá. Entre outras, traballou para as editoriais Bruguera, Edhasa, Barcanova (da cal foi un dos seus fundadores) e Thassàlia (da que foi propietario).
Unha triste perda para o mundo da LIX.

9.11.11

MIL COUSAS PODEN PASAR (LIBRO II), NOVIDADE XERAIS




Hoxe adicamos as "Novidades Editoriais" ao Libro II de Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano, que xa podedes atopar nas librarías.
Editorial: Xerais
Serie: Merlín, de 9 anos en diante

«MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO II» DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
SEGUNDA ENTREGA DAS FABULOSAS HISTORIAS DA VILA DE NIL. NESTA SEGUNDA PARTE DE MIL COUSAS PODEN PASAR, SEGUEN ACONTECENDO IMAXINATIVAS E DISPARATADAS SITUACIÓNS NA CIDADE DE NIL, ONDE TODO É POSIBLE.

Mil cousas poden pasar. Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, durmindo, bicándose e comendo mazás.
Que aventuras correrán na viaxe de regreso a Nil?
Como atoparán a súa vila? Que será do neno Propicio, do cocho Isaías, do río Inrique e de todos os demais?
E o máis importante: que será de Hedión?
Unha cousa pódese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non son.



Nesta ligazón poderedes atopar algúns dos novos debuxos e personaxes de Mil cousas poden pasar, libro II: http://milcousas.wordpress.com/

Jacobo Fernández Serrano (Vigo 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros A gardería de dona Bixelmina (2005), A pedra e as formigas (2006), Mil cousas poden pasar. Libro I (2009), premio Merlín de literatura infantil e Mil cousas poden pasar. Libro 2 (2011). Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais con “As aventuras de Nunavut” de Xoán Abeleira, serie da que publicou catro libros: O nacemento de Nunavut (2003), Un día de caza (2003), Sedna, a deusa do mar (2004) e O caribú namorado (2005); ao que seguriron outros traballos para diversas editoriais. Ademais de traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada “Os amigos de Archimboldo Roque”, publicada na revista Golfiño (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica Dos Veces Breve, así como da segunda época da revista BD Banda, na que desenvolve a serie titulada “Animais pantasma”. Co álbum de cómic Aventuras de Cacauequi (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada, e a nominación ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación. Marcopola. La isla remera (2009) é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores. Lois Pereiro. Breve encontro (Xerais, 2011) é a súa primeira novela gráfica.

8.11.11

CONTOS POR TELÉFONO, NOVIDADE EDITORIAL EN KALANDRAKA


Contos por teléfono, de Gianni Rodari, acaba de ser editada pola Editorial Kalandraka con ilustracións de Pablo Otero.

"Era unha vez...
... o Sr. Bianchi, de Varese. Era representante de comercio e seis de cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia, do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio, vendendo medicamentos. O domingo volvía á casa, e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes de partir, a filla dicíalle: «Por favor, papá: cada noite, un conto".

Os 70 relatos deste libro maxistral son alfaias da literatura breve, exercicios de imaxinación a raudais adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben das fontes de clásicos como a Alicia de Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos inexistentes nomeados con palabras inventadas.



7.11.11

REDELIBROS: UN ANO DE VIDA INTENSA NA REDE




A rede social galega do libro (Redelibros) está a piques de celebrar o seu primeiro aniversario.

Ao longo destes doce meses, Redelibros consolidouse coma un proxecto de éxito, como unha auténtica rede onde autores/as, lectores/as e editores/as, atoparon un verdadeiro lugar de referencia.

Dotada dunha importante base bibliográfica, dunha tenda de "redepuntos" e de diversas ferramentas e contidos culturais, Redelibros é tamén un punto de encontro. De feito, para celebrar este primeiro aniversario, están a argallar unha festa-magosto que terá lugar o vindeiro sábado día 12 no Bar de Cholo, na zona vella de Vigo (o bar que está fronte á Biblioteca Municipal, na rúa Fermín Penzol, á beira da Praza da Princesa). Tendes aquí todos os datos do evento.


Ademais, Redelibros celebra este ano de vida co lanzamento dunha atractiva proposta para autores e autoras. Ofrece un espazo gratuíto e específico para escritores/as, ilustradores/as, tradutores/as, etc. na rede. Pretenden ofrecer información aos lectores e lectoras sobre os escritores/as, os seus libros e os seus proxectos. De balde, por suposto.

Para iso, todos os autores/as que o desexen poderán acceder desde xa a estes novos servizos:
1. Páxina de autor en Facebook con tenda de Redelibros a través da que poderedes vender as vosas obras (se vos interesa), tanto en formato papel como dixital. Que é isto? Aquí tedes un exemplo de páxina de autor onde poderedes ver tamén a tenda en Facebook.

2. Páxina de autor en Redelibros, con enlaces a todas as súas obras e á súa propia tenda de autor na rede. Podedes ver un exemplo de páxina xa na rede aquí.
Xa o sabedes: se sodes autores e queredes conseguir máis visibilidade para o voso traballo a través de Redelibros, póndevos en contacto con eles escribíndo a redelibros@redelibros.com. Eles facilitaranvos o espazo e as ferramentas, por suposto de forma gratuíta.

A que esperades?

4.11.11

A OEPLI RENOVA OS SEUS CARGOS DIRECTIVOS



A OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil), terá ata 2013 unha presidencia compartida.


LA OEPLI RENUEVA SUS CARGOS DIRECTIVOS

María Jesús Gil termina su mandato como Presidenta de la OEPLI, puesto que ocupa desde diciembre de 2008. Durante este período se organizó con éxito el Congreso IBBY 2010
Los cuatro vicepresidentes territoriales se organizarán como una Presidencia compartida hasta Septiembre de 2013

Estas semanas están siendo de cambios y renovaciones en el seno de la Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, pues la Presidencia de María Jesús Gil, profesional de larga trayectoria vinculada al mundo del libro infantil y juvenil, tanto desde el punto de vista de la edición como de la proyección internacional del libro español, llega a su fin.
Entre algunos de los logros más importantes de este período que ahora termina se encuentra la organización, en Santiago de Compostela en septiembre de 2010, del Congreso Internacional del IBBY,"A forza das minorias" celebrado en el Estado español por segunda vez en su historia, organizado por la OEPLI.
Antes del verano se reunieron en pleno, presididos por María Jesús Gil, los representantes de las cuatro secciones que integran la OEPLI,Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) y Galtzagorri Haur eta Gazte Literatura Elkartea, con el objetivo de analizar la situación actual de esta institución y programar su funcionamiento para los próximos dos años.
Entre otras cuestiones, se decidió que, con el fin de continuar y profundizar en la línea de trabajo de los últimos años, implicando a las cuatro secciones que representan las cuatro lenguas oficiales: castellano, catalán, gallego y vasco, y para ganar en operatividad, garantizar la transparencia y mejorar la interacción entre todos los profesionales del Estado integrados en las respectivas asociaciones territoriales, todas las responsabilidades de la Presidencia (divididas en las áreas de Gestoría, Financiera, Contenidos y Comunicación) serán asumidas por una presidencia compartida formada por los cuatro vicepresidentes actuales de la OEPLI, que trabajará coordinada e interactivamente con el fin de potenciar la mayor visibilidad y presencia de la OEPLI en el conjunto de la sociedad.
La OEPLI es la máxima representante que aglutina al sector de la Literatura Infantil y Juvenil a todos los niveles (escritores, ilustradores, editores, bibliotecarios, libreros, educadores, mediadores...). Las más importantes instituciones, tanto públicas como privadas, relacionadas con el desarrollo y la promoción de la literatura para jóvenes lectores, encuentran en la OEPLI una asociación de referencia a la que pedir consejo y asesoramiento y desarrollar conjuntamente proyectos.
La OEPLI organiza, entre otras muchas actividades, el prestigioso Premio Lazarillo en sus dos modalidades (creación literaria e ilustración), presenta por España las candidaturas al Premio Andersen, representa, como jurado, al sector en los Premios Nacionales, y aglutina las celebraciones en torno al Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, etc.
Durante los dos próximos años, esta presidencia comenzará a desarrollar nuevos proyectos (blog interactivo en octubres, alianzas con empresas de la sociedad civil que patrocinen nuevos proyectos...), Siempre con la idea de mantener a La literatura Infantil y Juvenil en el puesto relevante que se merece dentro de libro, no solo por su calidad sino también por su productividad y cantidad de lectores a los que llega.