23.6.08

Leo diferente: o Libro Infantil e Xuvenil dende a Diversidade Cultural é o lema do congreso que a comezos de xullo vai celebrar en San Sebastián a OEPLI, organizado pola asociación vasca do libro infantil e xuvenil Galtzagorri Elkarrea. A análise dos movementos migratorios e a busca dun enfoque contemporáneo desde os libros para rapaces/zas e mozos/as que propicie a convivencia e a paz reunirán en Donostia a máis de douscentos especialistas e interesados na lix. Un programa certamente interesante e a propia convivencia no comezo do verán donostiarra converterán o congreso nunha visita obrigada, para a que aínda non rematou o prazo de inscrición. Toda a información pódese consultar na páxina web do congreso